Familia: Labiatae
Xénero: Rosmarinus
Distribución: Arbusto mediterráneo perennifolio de 1-2 m de altura.
Follas: lineares opostas de face verde e envés branquecino. Moi aromáticas.
Flores: pentámeras, bisexuais, coa corola bilabiada de cor azul (ten flores todo o ano) e moi aromáticas.
Froito: seco tipo aquenio.
Observacións: Follas e flores teñen uso medicinal e empréganse en uso externo polas súas propiedades antisépticas, cicatrizantes, vulnerarias (cura as feridas), antiinflamatorias (usado en problemas musculares) e estimulantes do coiro cabeludo (caída do pelo). En uso interno emprégase como carminativo, dixestivo, antiespasmódico, diurético, expectorante (usado en problemas respiratorios) e tamén para combater as bacterias causantes do mal alento (halitose). As follas empréganse como condimento de carnes e peixes. Non debe ser usado por persoas que deban manter unha dieta baixa en potasio, enfermos renais e mulleres embarazadas.