monitor alcaldesa

Hoxe, 19 de decembro, produciuse a visita do Monitor do Programa LIFE para realizar a xuntanza anual de control e seguimento do LIFE Lugo + Biodinámico.
Durante este encontro, o Monitor puido avaliar e coñecer de primeira man os avances que se están a producir no proxecto e as liñas de actuación que se van seguir nos vindeiros meses.

Na reunión de control estiveron presentes o monitor europeo Dimas Ramos, a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, as persoas responsables do proxecto no Concello de Lugo, profesores e técnicos da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidad Politécnica de Madrid e membros de PEMADE. Coordinou esta xuntanza o xerente do proxecto LIFE, Boris Hinojo.

O eixo da reunión foi a avaliación dos avances realizados en cada unha das accións desenvolvidas ata o de agora, presentados por cada un dos socios implicados nas mesmas. Ademais, compartíronse resultados, revisouse o estado das finanzas do proxecto e puxéronse sobre a mesa os seguintes pasos a levar a cabo no futuro inmediato, tales coma a licitación do edificio Impulso Verde e o establecemento do Barrio Multiecolóxico.

Tags: