LIFE Lugo + Biodinámico continúa forxando sinerxias con outros proxectos LIFE
Esta semana recibimos en Lugo aos integrantes dos proxectos LIFE ReNatural NZEB, desenvolvido pola Junta de Extremadura, e LIFE EcoTimberCell, do Campus Terra da Universidade de Santiago, en Lugo.
Un dos obxectivos deste encontro é crear sinerxias entre estes proxectos, intercambiando experiencias e coñecementos para favorecer “que avancemos entre todos no deseño do urbanismo sostible, na construción das cidades máis ecolóxicas e na loita contra o cambio climático”, en declaracións da Alcaldesa Lara Méndez.
O mércores 18 celebrouse unha xornada de traballo que comezou cunha recepción institucional para medios de comunicación entre os integrantes dos tres equipos. Acto seguido constituíuse a mesa de traballo presidida por Lara Méndez e acompañada dos concelleiros de urbanismo, Miguel Couto e Medio Ambiente Alvaro Santos, os integrantes da mesa foron Manuel Guaita, Catedrático da USC e responsable do LIFE EcoTimberCell, Belén Feijóo técnica de Pemade, José Alonso técnico de Avento, Benigno Jáuregui gerente Evislusa, Susana Penedo arquitecta do Concello de Lugo e Boris Hinojo xerente do Proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
Sobre os proxectos cos que xeramos novas sinerxias:
LIFE Renatural NZEB é un proxecto LIFE de Medio Ambiente liderado pola Junta de Extremadura cuxo obxectivo principal é desenvolver Edificios de Consumo de Enerxía Case Nulo con baixa pegada de carbono, utilizando produtos naturais e reciclados.
LIFE EcoTimberCell é un proxecto LIFE de mitigación de Cambio Climático liderado pola Platafoma de Enxeñería da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela, o cal pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a través dunha solución innovadora construtiva.