Este especial foi publicado o pasado 31 de xullo no diario El Progreso de Lugo e podes consultalo e descargalo en versión PDF nesta ligazón.

Velaquí algúns dos contidos máis destacados:

A SEMENTE DA INVESTIGACIÓN E DA ECONOMÍA

LIFE Lugo + Biodinámico é un proxecto europeo impulsado polo Concello de Lugo e cofinanciado pola UE a través do programa LIFE, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, aproveitando o uso de recursos naturais propios e potenciando a economía verde. Entre as medidas a desenvolver figuran a construción do primeiro edificio en altura público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro barrio multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións urbanas sostibles, exportable a outras cidades europeas.

Este novo modelo produtivo suporá a posta en marcha dunha economía verde e traducirase en novos pulos para a innovación, no aproveitamento do talento galego, no impulso de novos proxectos ecolóxicos e na creación de novos postos de traballo para unha industria forestal que quere reducir de xeito significativo os riscos ambientais e a escaseza desde o punto de vista ecolóxico.

O LUGAR: CARA UN WOOD VALLEY

O lugar que se elixe para colocar a semente, onde se realizan as accións do proxecto, é a parte norte do “Cinto Verde” que envolve a toda a cidade seguindo os cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira, nas proximidades dos parques empresariais das Gándaras e o Ceao.

Tamén se trata de xerar novas posibilidades empresariais no sector de la bioeconomía creando un efecto chamada xa que o Campus Terra de Lugo, ao expoñer o seu potencial investigador preto da zona industrial, pode servir de revulsivo á creación dunha área empresarial especializada en economía verde, ao estilo de Silicon Valley coas novas tecnoloxías, onde existen 85 universidades integradas no tecido empresarial. En Lugo podería xerarse, en equivalencia, un Wood-Valley que abra a posibilidade dun novo modelo económico na cidade de Lugo xerando emprego verde.

AS ACCIÓNS DO PROXECTO LIFE LUGO + BIODINÁMICO

Para acadar os obxectivos anteditos o proxecto contempla un Mosaico de Accións que se dividen en dous eixes fundamentais, as Accións de Demostración, posta en práctica das investigacións da Universidade e as Accións de Planificación, correspondentes á estratexia de crecemento sostible do Concello de Lugo.

PRIMEIRO BARRIO MULTIECOLÓXICO DE ESPAÑA

Dentro do Pulmón Verde desenvolverase un Barrio Multiecolóxico que contemplará, como primeira edificación, a construción do edificio Impulso Verde, así como unha área de agricultura urbana de chan e altura.

ACCIÓNS DE PLANIFICACIÓN URBANA

Planificaciçon dun Barrio Multiecolóxico
Catálogo de solucións de deseño urbano
Zonas de Confort Climático Residencial (ZCCR)