O Humidal das Gándaras será declarado ENIL a proposta do Concello de Lugo
O Humidal das Gándaras, espazo que o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico está a recuperar, tivo un protagonismo especial neste pasado 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais. Nesa data, o Concello de Lugo declarou que levará ao Pleno Municipal de febreiro a proposta para obter o recoñecemento como Espazo Natural de Interese Local para este espazo.
O anuncio foi feito pola Alcaldesa de Lugo Lara Méndez, acompañada polo Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o catedrático da USC Antonio Rigueiro, e Marco Rubinos, da xerencia do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. O Humidal das Gándaras será, deste xeito, o segundo ENIL da provincia de Lugo, xunto o ENIL de Loio Ruxidoira, en Paradela. A importancia desta noticia e o especial fincapé na protección deste espazo radican na característica paisaxe da zona das Gándaras, que conta con bosques de ribeira, cunha elevada biodiversidade vexetal e faunística concentrada nunha pequena superficie, o que lle confire un alto valor ambiental, paisaxístico e social a preservar.
Con este anuncio se promoverán, ademais, todas as labores de recuperación e sinalética que están contempladas entre as accións do proxecto LIFE.