LIFE Lugo + Biodinámico celebra a Semana Verde da UE
Hoxe, martes 29 de maio, o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico completou o evento asociado á Semana Verde da UE, coa celebración dunha xornada no IES Lucus Augusti de Lugo, con alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Este evento compúxose de dúas celebracións unha en Madrid o 21 de maio, impartida pola Universidade Politécnica de Madrid e a de Lugo polo propio Concello e a Universidade de Santiago de Compostela, ademais de contar co apoio da Deputación de Lugo.
Na xornada de Lugo, os máis de 100 alumnos do instituto recibiron unha charla sobre o papel do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico na loita fronte ao Cambio Climático, como desde diferentes accións coordinadas preténdesese incidir nunha mellora ambiental da cidade de Lugo que a faga máis resiliente aos efectos do Cambio Climático. Dende as accións de restauración dun humidal, plantacións forestais, creación dun Arboretum, a construción en madeira, o fomento dunha economía circular e a participación activa de todos os cidadáns na mellora ambiental do noso entorno. Este evento coincidiu coa celebración este ano do 175 aniversario do IES Lucus Augusti un dos centros de formación secundaria máis antigos de España, e o primeiro en Galicia.