Grazas aos técnicos da Universidade Politécnica de Madrid, LIFE Lugo+Bidoinámico estivo presente no Observatorio de naturación urbana, na Xornada sobre “Cidades vivas, verdes, saudables e sostibles”, celebradas na UPM, mostrando o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico aos asistentes. A presentación estivo a cargo de Valentina Oquendo.

As xornadas presentaron unha serie de conferencias sobre a naturación urbana e as tecnoloxías emerxentes, para a avaliación dos impactos directos e indirectos sobre o entorno urbano e a sociedade. Mesas de debate para a reflexión sobre as consecuencias do cambio climático, e a intervención da administración pública, as universidades e a participación cidadán como obxectivo para a transformación das cidades a unhas máis resilientes e sostibles.