Lara Méndez asegurou que gran parte do labor nos 18 meses deste Goberno foi o vinculado a conseguir financiamento, alcanzando nun tempo récord uns 22 millóns de euros de Europa, 1,2 millóns por mes. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, repasou este xoves no seu discurso do pleno do Estado do Municipio os piares básicos da acción do seu Goberno, baseado nunhas permisas irrenunciables perseguidas de maneira transversal: poñer á persoa como protagonista de calquera acción. Por iso, tal e como admitiu a propia rexedora, gran parte do labor deste Goberno foi o vinculado a conseguir financiamento, alcanzando nun tempo récord uns 22 millóns de euros de Europa, 1,2 millóns por mes, “que teñen que servirnos para mellorar a vida do veciño”. Así conseguíronse os proxectos Lugo+Biodinámico, Lugo Smart City, Muramiñae, e hoxe se mesmo se publica no DOGA  a subvención de redes térmicas de biomasa.

Lara Méndez analizou a situación da cidade cunha radiografía de datos e información por áreas das accións realizadas, sirvindo de balance dos 18 meses que  Goberno leva tentando “ser útil para a xente de Lugo”.

Nesta liña cabe destacar un tema imprescindible para o Goberno, como é a mobilidade. Por iso, Méndez avanzou que se cambiará o criterio e forma de acceso ao centro, co obxectivo de diminuir a cantidade de coches que circulan dentro da Muralla e o seu percorrido. A proposta será concretada no 1º trimestre do vindeiro ano e levará parella unha redución de horarios e limitación das zonas de carga e descarga. “Lugo precisa dunha mobilidade que camiñe sempre á beira da sostibilidade”, asegurou a rexedora. Parte imprescindible na mobilidade é a Policía Local, que o Goberno está a modernizar para facela efectiva e dar resposta ás necesidades do século XXI.

No que se refire a infraestruturas, a Alcaldesa anunciou que o Goberno levará na proposta de Orzamentos 2017 un Plan de Barrios dotado con máis dun millón de euros para realizar pequenas actuacións que axuden a facer un Lugo máis amable. Tal e como explicou a Alcaldesa, “este plan nace con vocación de levar un desenvolvemento humano máis parello nos diferentes barrios. Ademais é o resultado de multitude de contactos coa xente, coas asoociacións e busca ser resposta a multitude de propostas plenarias dos diferentes grupos políticos”.  

Fonte: Concello de Lugo