O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico foi un dos protagonistas da mesa redonda “Transición Enerxética” organizada pola Fundación Energías Renovables que tivo lugar o pasado venres 27 de setembro. Neste encontro déronse cita os alcaldes e alcaldesas de Pontevedra, Ferrol, Compostela e Lugo, onde debatiron sobre os efectos que a emerxencia climática está a ter en cada unha das súas cidades e as medidas que, dende o ámbito local, están a aplicar en cada unha delas para facerlle fronte.

Neste contexto, a Alcaldesa Lara Méndez presentou o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico como proposta para o Lugo do futuro que ten como obxectivo “aportar solucións e melloras de cara á consecución de obxectivos medioambientais e climáticos”. Tamén aproveitou para presentar a proposta de Impulso Verde, o primeiro edificio público que se erguerá con madeira galega.


(vídeo de Nós Televisión)